O 17 de maio de 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" o renacemento cultural do galego.
Cen anos máis tarde, a Real Academia Galega escollería esa mesma data para conmemorar a nosa fala, o noso idioma, as nosas letras. Faino homenaxeando cada ano a unha persoa diferente, esixíndose que teñan transcorrido, polo menos, dez anos desde a data do seu falecemento. Unha figura que teña destacado pola súa creación literaria en idioma galego e/ou pola defensa da nosa lingua.
Só si estás en Boiro neste día, terás a posibilidade de coñecer o Pazo de Goiáns, que nesta data abre as súas portas para acoller alí nosa peculiar romaría das letras galegas, cun amplo programa de actividades culturais.